Ao longo da charla desta noite trataremos de buscar as respostas ás preguntas seguintes:
• Son os medios de difusión divulgadores fidedignos dos feitos históricos que acontecen? Podería un extraterrestre averiguar a Historia das nosas sociedades lendo a primeira páxina dos diferentes xornais sen ler os artigos de opinión?
• Ten sentido una Comisión Estatal de Supervisión da información emitida polos medios?
• Sería posible un cambio na información histórica, tipo a novela 1984 o as modificadas fotos de Stalin? Non na prensa escrita, pero… en internet?
• Sería posible para un goberno controlar á Prensa dalgún xeito sen facer leis específicas de control?
• Deben elaborar os xornalistas a información ou simplemente deben ser transmisores das declaración dos políticos?
• Os tertulianos que todo o saben… axudan ou confunden? Tería validez a opinión dun ignorante nun tema científico se polo menos axuda ao público a escapar da ignorancia máis absoluta ou só deben falar os expertos?
• Internet, é unha garantía de multiplicidade ideolóxica ou de desinformación interesada? O caso de Exipto, é o paradigma do triunfo dun cambio que non mudou nada máis que os rostros dos gobernantes?
• A liberdade de prensa é compatible sen dúbida coa democracia, pero, tamén é certo á inversa?
• Están comprados os xornais? Poderían non estalo?
• A selección de noticias nun telexornal, podería ser máis ideolóxica, máis seria e menos rosa ou con menos deportes?
MIGUEL BASTOS BOUBETA
Profesor de Ciencia Política e Administración Pública da Universidade de Santiago de Compostela, profesor na Facultade de Ciencias da Información na mesma Universidade, PhD en Economía .
Exdecano da Facultade de Ciencia Política, é o autor de varios libros sobre o nacionalismo e gobernanza como Principio Aristocrático: escritos sobre a Liberdade e o Estado, ou Burocracia, burocratización e reforma administrativa, e tamén Da Administración Pública á Xestión Pública .
Tamén escribiu artigos para revistas como O nacionalismo galego ou Pode a intervención do Estado ser xustificada cientificamente? Una crítica .
Comentarista e analista político, colaborou en medios como Correo TV e V Televisión, entre outros, resultando xeralmente controvertido e dialogante.
Más información en http://eeep-compostela.blogspot.com.es/